jueves, 18 de diciembre de 2014

E hoxe toca... ¡XOGAR!

Dende esta páxina web podedes acceder a xogos educativos on line. Parecéronme moi interesantes sobre todo os de lingua, ciencias naturais e inglés, Ademais, hai probas xerais de primaria e secundaria nos que podedes xogar por equipos (tipo trivial). 

O problema é que antes de poder acceder a eles, teredes que aguantar uns segundos de publicidade, Nada é gratis nesta vida! 

¡ Que teñades un bo remate do trimestre ! 

lunes, 15 de diciembre de 2014

a mesa de noiteboa e a posición dos teléfonos móbiles

xa se achega, 

xa ven con forza, 

xa está a chamar á porta

xa ten case o nariz asomando

¡ A cena de Noiteboa !

FUN FUN FUN

E isto recordoume aquela conversa sobre cal debe ser a localización correcta do teléfono móbil na mesa, si á dereita ou á esquerda do prato, dando por suposto, claro, que o aparato ten que estar presente en tal evento.

Lendo este artigo ocorréuseme que pode ser útil para explicar certas cousas. E si empregamos as fotografías como base para unha conversa cos nosos rapaces? Algunhas das cuestións para guiarnos poderían ser as seguintes:

- Qué está pasando nestas fotografías?

- Quénes son os protagonistas?

- Qué están a facer?

- Qué nos din as súas caras?

- Porqué se comportan desta forma?

- De qué poderían estar falando cos seus acompañantes?

- Cres que son felices?

-  Imaxina que es ti quen saca a fotografía, como che gustaría retratar a estas persoas?

Unha imaxe vale máis que mil palabras, e ós rapaces, fillos da cultura audiovisual, nacidos cun móbil intelixente na palma da man, e unha pantalla plana diante dos ollos, hai que transmitirlles as luces e sombras desta forma de vida tan nosa. 

As imaxes, ben empregadas, poden ser o medio perfecto para deixar entrever determinadas cuestións. É necesario DESacostumar a vista, revisionar o mundo con outro tipo de lentes que nos permitan ver, ver todo, velo de verdade. 

Re capitulando

Vamos facer unha compilación de algún dos materiais que empregamos cos rapaces da ESO neste 1º trimestre: 

- Aquí vos deixamos os exames de 2º da ESO para os libros de Ciencias Sociais e Ciencias Naturais da editorial Anaya. Están elaborados segundo as esixencias e pautas dos profesores no colexio. 

Outras das ferramentas que empregamos foron:
- Para Francés: Actividades de reforzo
- Para Matemáticas: Cadernos de repaso 
- Para Lengua: Gramática en Esquemas
- Para Lingua: Algúns exercicios

e a páxina https://nomenterodelapataca.wordpress.com/ que ten unha morea de recursos que merece a pena revisar.


¡Última semana! 

¡Abertos sempre ás novas oportunidades!





martes, 9 de diciembre de 2014

Taller (es) de escritura

Outro ano máis nos enfrontamos ás vacacións de Nadal, tentando aportar algunhas ideas para poder aproveitar o tempo neste periodo. 

Hai que deixar claro que os rapaces necesitan os seus tempos de descanso, de lecer, de deitarse un pouco máis tarde do habitual, de non ter que madrugar, de desfrutar cos amigos e a familia, de xogar, etc. 

Algunhas das familias coas que traballamos pediron que no Nadal, non pararamos as clases, xa que "son moitos días" e "poden perder o ritmo". Pareceunos boa idea, pero modificando a rutina habitual das sesións.

Ademais de reducir o número de horas á semana (xa que como dixemos antes os alumnos necesitan descansar de todo o que supón o día a día escolar), pensamos en incluír novos conceptos, xa que volver a recorrer ós libros de texto, ós temas e exames, ás avaliacións e correccións nos parecía que se afastaba bastante do noso concepto de vacacións. 

Vamos realizar un pequeno taller (unha, dúas sesións) para desenvolver habilidades de escritura. Observando os nosos alumnos caímos na conta de que a maioría dos rapaces teñen bastantes dificultades á hora de expresarse, de escribir unha historia, de desenvolver un tema, etc. Cremos que desenvolvendo este tipo de habilidades poderán mellorar os seus resultados á hora de solventar ós exercicios/ exames correspondentes a o seu curso; Reducirán o seu nivel de estrés e frustración; Desenvolverán actitudes creativas; e por que non, tamén se divertirán ó poder crear a partir dunhas directrices, historias cómicas, fantásticas, inesperadas, etc. 

Aquí vos deixamos algunhas webs de onde recollemos información e exemplos para planificar o noso taller de escritura creativa.





E por certo,.. non hai mellor cousa para estimular o desexo de escribir, que desenvolver o placer por ler. E deso sabe moito Liniers. 

http://autoliniers.blogspot.com.es/2010/07/liniers-macanudo-el-humor-de-macanudo_28.html

http://weheartit.com/thaiste/collections/497967-cartoon

http://unviejogatoazul.blogspot.com.es/2012/05/liniers-seudonimo-de-ricardo-siri.html


jueves, 6 de noviembre de 2014

esa materia chamada Science...

Non vou entrar na polémica... ou espera, sí, sí vou entrar, de cabeza!  

é beneficioso para os alumnos estudar os contidos de outras materias en inglés?

Paréceme contraproducente que rapaces de primaria, con un nivel medio - baixo neste idioma teñan un libro de texto e uns exames nunha lingua na que case non saben dicir How are you?, 

É frustrante para eles, xa que non entenden o que está lendo, e neste caso, nin aprenden inglés nin historia. 

En cada frase vense obrigados a buscar no dicionario como mínimo unha palabra, que descoñecen e apuntan en lapis, moi suaviño porque en los libros no se escribe

Estamos cansas de atoparnos con este tipo de situacións que rozan o absurdo. Cando lles falas en galego mírante como se estiveras empregando un idioma extraterrestre; Case ningún alumno emprega o galego de maneira habitual; aínda non saben construír composicións coherentes e elaborados, aínda non ; Van saber estudar un tema de historia en inglés? 

Qué se pretende?

Que se frustren, e non desenvolvan o amor por esa lingua?

Que suspendan, ó non entender nin sequera o que se lles preguntan nos exames?

Que se angustien, ó ter que empregar un tempo moi extenso en ler cada apartado? (xa non vos digo o que poden tardar en estudalo)

Sería todo un avance no sistema que os rapaces dende moi pequenos acolleran outros idiomas co mimo e a dedicación que tal labor implica. Dunha maneira progresiva, avanzando inexorablemente cara un coñecemento teórico e (¡oh my god!) PRÁCTICO das linguas. Ascendendo pola escaleira e sen saltarse ningún chanzo.  Pero non así, tendo que entender que Isabela of Castile e Ferdinand of Aragon se casaron unificando así todo o kingdom mentres un tal Colombus conquered America porque querían atopar gold e novas trade routes.


Pero non importa, a situación na que nos atopamos é a que é. Á que nos enfrontamos e a que afrontamos con moita paciencia e ganas de mellorar (a autoestima, o inglés, a historia, as notas, etc.). Nesta páxina podedes atopar algúns dos temas de Science, que vos serán de utlidade se queredes repasar ou preparar algunha clase/ exame. 

c a m b i o e c o r t o 
Hoxe achegámosvos uns pequenos apuntes de galego de 2º da ESO e a proba para avalialos.

Dímonos conta de que algunhas veces, tendemos a resumir e esquematizar todo demasiado. E algúns alumnos teñen dificultades á hora de desenvolvelos no examen, xa que lembran información demasiado breve. Polo que teremos que complementar os esquemas e resumos, con lecturas e traballo sobre o texto completo. 


Tamén hay que ter en conta que á hora de memorizar é importante non rendirse, e perseverar, non podemos aprendelo todo nun día, pero se o traballamos pouco a pouco dunha forma constante fixaremos os contidos. 


Tema 3 - Lingua e Literatura Galega (Xerais)

-> Evaluación

Comecemos!


Sigamos!


Seguimos!


viernes, 17 de octubre de 2014

Espazo Abalar

Por certo,

Tremendamente interesante o recurso que nos ofrecen dende a Xunta de Galicia,

Botádelle unha ollada ó seu repositorio de contidos educativos aquí

Atoparedes cousas moi útiles, sen dúbida!

- Exames 2º ESO -


Ola de novo! Sentimos escribir tan de vez en cando pero non nos chega o tempo a nada!

Hoxe compartimos con vos dous exames tipo test para 2º da ESO das materias de Ciencias Sociais (tema 1) e Ciencias Naturais (temas 1 e 2). 

Realizámolos días antes de que os alumnos tiveran o exame, e a verdade deu moi bos resultados e axudoulles a coller confianza para a proba no instituto. 

Animámosvos a facer este tipo de prácticas para que os rapaces vaian collendo soltura, velocidade, proben os seus coñecementos e sobre todo melloren a súa imaxe para enfrontarse ó exame. 

Sempre é bo saber no que fallamos para repasar esos puntos máis frouxos e sobre todo ver as nosas potencialidades e así enfrontarnos con éxito ó curso!

Aquí volos deixo esperando que vos sexan de utilidade:


*   *   *   Bo venres a todas e a todos!   *   *   *

miércoles, 1 de octubre de 2014

calendario base 14-15

personalizable

maleable

cambiable

estructurable

moi organizABLE!

lunes, 29 de septiembre de 2014

2º ESO

Coma sempre que temos un novo alumno, o primeiro, ademáis de realizar unha análise das necesidades e capacidades do rapaz, é realizar unha busca que nos permita iluminar o camiño con respecto ó tratamento das diferentes materias do seu curso. Asimesmo é necesario contar coas referencia legais que marcan esta etapa para iso podemos revisar este documento onde podemos consultar o currículo da Educación Secundaria Obligatoria en Galicia (Anexo II): materias, competencias, avaliación, etc.

Esta semana comezamos con un rapaz de 2º de ESO, e para situarnos no tempo e no espazo, atopamos as seguintes web que nos poden axudar a elaborar material de estudo, repaso e afianzamento dos coñecementos.


- Para estudar e repasar os contidos da materia de matemáticas, esta Web ofrécenos teoría e cadernos de exercicios clasificados segundo os diferentes temas.

- En esta outra páxina (que ten un nome que pouco ou nada deixa á imaxinación) atoparemos enlaces a contidos específicos do curso de 2º de ESO, a través das materias de lingua, ciencias sociales, frances, matemáticas e ciencias naturais.

- Sempre é bo contar con un banco de recursos: este parecenos moi interesante pola variedade que ofrece. Ademais, algunhas editorias tamén ofrecen recursos nas súas páxinas web.

- nomenterodelapataca: xenial blog onde poderemos atopar recursos por cursos, materias, temas, etc. empregando presentacións en slideshare.


Polo de agora comezamos a viaxe con estos recursos da web, voltaremos a facer unha revisión máis pormenorizada cando recoñezamos os puntos débiles e fortes do alumno, para adaptar as clases á súa medida.

Seguimos camiñando!

domingo, 6 de julio de 2014

qué facer con rapaces de primaria?


El rincón del maestro: aquí podemos encontrar infinidad de fichas de ejercicios. Primero ordenados por materias y después por edades y cursos. 

Banco de objetivos multimedia educativos: juegos y ejercicios de diferentes niveles educativos. No están ordenados por cursos, por lo que debemos buscar y encontrar los más adecuados para cada alumno.

Profe Ana Belén: página muy completa donde podemos encontrar, agrupados por cursos actividades de matemáticas, lengua comprensión lectora, cuentos, juegos para repasar, etc.

Aprendiendomates: encontraremos ejercicios de matemáticas on line.

Dificultades lectoras: página en donde podemos encontrar recursos variados entorno a formación de palabras, vocales, verbos, lectoescritura, etc. Interesante sobre todo los "Cuadernillos de repaos escolar".

Orientación andújar:
   - Recopilación de materiales de repaso y recuperación verano PRIMARIA
   - Escritorios de verano

Mundo primaria: Juegos educativos para niños de primaria. Matemáticas, lengua, inglés, conocimiento del medio, cuentos, et


::::::::::          ::::::::::          ::::::::::

miércoles, 11 de junio de 2014


A punto de rematar o curso? Non sabes qué facer en verán? Queres repasar o aprendido e dar un paso a diante cara o curso que ven? Necesitas recuperar esas materias que se che fixeron costa arriba? Non dubides en chámanos, non pechamos por vacacións! 



http://www.zona-femenina.com/wp-content/uploads/2012/05/vacaciones.jpg

viernes, 7 de marzo de 2014

Lingua Galega I

Aquí vos achego algunhas páxinas interesantes para traballar cos alumnos de bacharelato a materia de Lingua Galega, 


AQUÍ, E 
 

Pasade un moi bo fin de semana!

miércoles, 19 de febrero de 2014

Caderno do Opositor

Traballar dende o teu fogar a veces non é sinxelo. 

Opositar é un traballo complexo polo que necesitamos organizar o noso tempo dunha maneira exhaustiva. Non hai horarios, nin días laborables, faltas de asistencia ou baixas. É interesante cómo a partir de nós mesmos podemos chegar a unha planificación efectiva do noso tempo de estudo. 

É un camiño longo, e non temos unha fecha límite a curto prazo que nos obrigue a rodear no noso calendario persoal obxectivos inmediatos.

Por iso é importante (o máis importante) ser constante. É unha cualidade que aprendemos e vai medrando co tempo e o exercicio. E non está libre de problemáticas e quebradeiros de cabeza. 

Non é o meu obxectivo enumerar as motivacións que debe ter un opositor (a rede ofrécenos multitude de mensaxes deste tipo), só quero mostrarvos unha páxina na que explican cómo podes ser máis produtivo se o teu espazo de traballo (estudo) se atopa na túa casa. 

É un blog sobre Ilustración, pero atopamos semellanzas que o ligan á nosa situación como preparadores dunha oposición. 

http://www.ilustrandodudas.com/index.php?/recursos/ser-mas-productivo-trabajando-desde-casa/

Botádelle un ollo e examinade a vosa práctica como traballadores "sen oficina". Seguindo estes consellos o teu día a día será máis sinxelo e a rutina converterase no teu traballo para obter ese obxectivo que parece inacadable. 

Moito ánimo, 

Comezamos a xornada cun sorriso, como non!

sábado, 15 de febrero de 2014

Preparados? Listos?


¿Queredes comezar a tratar as técnicas de estudo con rapaces de secundaria?


Elaborei unha pequena guía introdutoria sobre o tema que vos será de utilidade para iniciar o tratamento das sesións de estudo e repaso para os niveis de ESO e Bacharelato. Podédelo descargar aquí.


Espero que vos guste!


viernes, 14 de febrero de 2014

Caderno de Orientación 2014

Dende Aquí podedes consultar e descargar o caderno de orientación que edita a Junta de Andalucía. É un documento moi útil para alumnado de ESO e Bacharelato xa que ofrece unha guía das posibilidades que o sistema educativo oferta para os alumnos de secundaria. 

Seleccionei as partes máis interesantes ás que podedes acceder aquí: 








Tamén podes consultar información sobre estudios universitarios, formación profesional, outras ensinanzas, saídas laborais etc. 

Outra publicación interesante é o que publica Mónica Diz Besada dende o IES Terra de Soneira de Vimianzo (A Coruña). Atoparedes información sobre a universidade, as PAU, notas de corte, unha relación entre as diferentes ramas de coñecemento e as titulacións universitarias, formación profesional etc. Podédelo consultar dende o seu Blog.

Buscade, informádevos, lede, contrastade, reflexionade! Tedes moitas decisións que tomar e cada unha delas marcará o camiño que ides percorrer. Tede paciencia e exercitade o voso autocoñecemento entendendo qué é o que vos interesa. Existen algúns recursos de internet que podedes empregar para facervos unha idea como este Test de Orientación Profesional

Teño un Flan! digo... un Plan!

O luns comeza algo novo, e é difícil non perderse entre apuntes, recursos en rede, blogs, expectativas e desexos. O plan é o seguinte: diagnosticar as necesidades, valorar cómo podemos facerlles fronte e qué solucións podemos achegar, poñelas en práctica e avalialas, estando sempre pendentes de modificación, cambios e melloras para lograr o mellor resultado. Ahora que o penso a planificación aseméllase a unha receita de repostería: 


- P(h)lan Caseiro- 
(para padales esixentes!)

- Faga unha previsión dos ingredientes que vai necesitar

- 200 gr de reflexión (recorde! ser realista non está reñido con botarlle imaxinación!)

- Dúas culleradas de contextualización, se non teñen a man tamén podes empregar adecuación.

- Medio litro de flexibilidade, sempre podes engadir un pouco máis segundo lle vaia facendo falta.

- Móvao continuamente no mesmo sentido cunha avaliacición e revisión continua.

- Uns minutos no forno que afiance as fases e pasos que fomos dando.

- Sírvao con moita paciencia. 

http://laylita.com/recetas/2008/02/12/flan-de-coco-con-caramelo-de-naranja/




* * * Que aprobeite! * * * 

jueves, 23 de enero de 2014

Algo máis que unhas clases particulares

Recuperados das vacacións de Nadal?

Preparados para superar o segundo trimestre con éxito?

Buscando a motivación para sentarse e estudar?

RECORDA, 

Ofrecemos a nosa axuda para organizar e aprobeitar o tempo de estudo. É o primeiro paso para que o noso rendemento e esforzo produza os froitos que desexamos.

Orientamos e guiamos a evolución nas diferentes materias, facendo fincapé nos aspectos que nos supoñen maior esforzo ou nos producen máis dúbidas.

As nosas clases son individualizadas polo que temos a oportunidade de trazar un plan persoalizado para cada rapaz tendo en conta non só as dificultades que se lle presentan senon as potencialidades.

Realizamos unha avaliación continua dos contidos e aspectos dos que posteriormente se avaliarán. Isto permite, a través do repaso e corrección das probas, que o rapaz teña máis seguridade á hora de enfrontarse ós temidos exames.

A paciencia e implicación que imprimimos nas nosas clases permiten que os alumnos expresen con liberdade as súas dúbidas e dificultades. O traballo conxunto nos permite clarificar os puntos máis complexos. 

E para mostra, un esquema, que sempre se entende mellor. 



* Pincha na imaxe para ver en tamaño completo