martes, 9 de diciembre de 2014

Taller (es) de escritura

Outro ano máis nos enfrontamos ás vacacións de Nadal, tentando aportar algunhas ideas para poder aproveitar o tempo neste periodo. 

Hai que deixar claro que os rapaces necesitan os seus tempos de descanso, de lecer, de deitarse un pouco máis tarde do habitual, de non ter que madrugar, de desfrutar cos amigos e a familia, de xogar, etc. 

Algunhas das familias coas que traballamos pediron que no Nadal, non pararamos as clases, xa que "son moitos días" e "poden perder o ritmo". Pareceunos boa idea, pero modificando a rutina habitual das sesións.

Ademais de reducir o número de horas á semana (xa que como dixemos antes os alumnos necesitan descansar de todo o que supón o día a día escolar), pensamos en incluír novos conceptos, xa que volver a recorrer ós libros de texto, ós temas e exames, ás avaliacións e correccións nos parecía que se afastaba bastante do noso concepto de vacacións. 

Vamos realizar un pequeno taller (unha, dúas sesións) para desenvolver habilidades de escritura. Observando os nosos alumnos caímos na conta de que a maioría dos rapaces teñen bastantes dificultades á hora de expresarse, de escribir unha historia, de desenvolver un tema, etc. Cremos que desenvolvendo este tipo de habilidades poderán mellorar os seus resultados á hora de solventar ós exercicios/ exames correspondentes a o seu curso; Reducirán o seu nivel de estrés e frustración; Desenvolverán actitudes creativas; e por que non, tamén se divertirán ó poder crear a partir dunhas directrices, historias cómicas, fantásticas, inesperadas, etc. 

Aquí vos deixamos algunhas webs de onde recollemos información e exemplos para planificar o noso taller de escritura creativa.





E por certo,.. non hai mellor cousa para estimular o desexo de escribir, que desenvolver o placer por ler. E deso sabe moito Liniers. 

http://autoliniers.blogspot.com.es/2010/07/liniers-macanudo-el-humor-de-macanudo_28.html

http://weheartit.com/thaiste/collections/497967-cartoon

http://unviejogatoazul.blogspot.com.es/2012/05/liniers-seudonimo-de-ricardo-siri.html


No hay comentarios:

Publicar un comentario