Coma sempre que temos un novo alumno, o primeiro, ademáis de realizar unha análise das necesidades e capacidades do rapaz, é realizar unha busca que nos permita iluminar o camiño con respecto ó tratamento das diferentes materias do seu curso. Asimesmo é necesario contar coas referencia legais que marcan esta etapa para iso podemos revisar este documento onde podemos consultar o currículo da Educación Secundaria Obligatoria en Galicia (Anexo II): materias, competencias, avaliación, etc.
Esta semana comezamos con un rapaz de 2º de ESO, e para situarnos no tempo e no espazo, atopamos as seguintes web que nos poden axudar a elaborar material de estudo, repaso e afianzamento dos coñecementos.
- Para estudar e repasar os contidos da materia de matemáticas, esta Web ofrécenos teoría e cadernos de exercicios clasificados segundo os diferentes temas.
- En esta outra páxina (que ten un nome que pouco ou nada deixa á imaxinación) atoparemos enlaces a contidos específicos do curso de 2º de ESO, a través das materias de lingua, ciencias sociales, frances, matemáticas e ciencias naturais.
- Sempre é bo contar con un banco de recursos: este parecenos moi interesante pola variedade que ofrece. Ademais, algunhas editorias tamén ofrecen recursos nas súas páxinas web.
- nomenterodelapataca: xenial blog onde poderemos atopar recursos por cursos, materias, temas, etc. empregando presentacións en slideshare.
Polo de agora comezamos a viaxe con estos recursos da web, voltaremos a facer unha revisión máis pormenorizada cando recoñezamos os puntos débiles e fortes do alumno, para adaptar as clases á súa medida.
Seguimos camiñando!
No hay comentarios:
Publicar un comentario