jueves, 18 de diciembre de 2014

E hoxe toca... ¡XOGAR!

Dende esta páxina web podedes acceder a xogos educativos on line. Parecéronme moi interesantes sobre todo os de lingua, ciencias naturais e inglés, Ademais, hai probas xerais de primaria e secundaria nos que podedes xogar por equipos (tipo trivial). 

O problema é que antes de poder acceder a eles, teredes que aguantar uns segundos de publicidade, Nada é gratis nesta vida! 

¡ Que teñades un bo remate do trimestre ! 

lunes, 15 de diciembre de 2014

a mesa de noiteboa e a posición dos teléfonos móbiles

xa se achega, 

xa ven con forza, 

xa está a chamar á porta

xa ten case o nariz asomando

¡ A cena de Noiteboa !

FUN FUN FUN

E isto recordoume aquela conversa sobre cal debe ser a localización correcta do teléfono móbil na mesa, si á dereita ou á esquerda do prato, dando por suposto, claro, que o aparato ten que estar presente en tal evento.

Lendo este artigo ocorréuseme que pode ser útil para explicar certas cousas. E si empregamos as fotografías como base para unha conversa cos nosos rapaces? Algunhas das cuestións para guiarnos poderían ser as seguintes:

- Qué está pasando nestas fotografías?

- Quénes son os protagonistas?

- Qué están a facer?

- Qué nos din as súas caras?

- Porqué se comportan desta forma?

- De qué poderían estar falando cos seus acompañantes?

- Cres que son felices?

-  Imaxina que es ti quen saca a fotografía, como che gustaría retratar a estas persoas?

Unha imaxe vale máis que mil palabras, e ós rapaces, fillos da cultura audiovisual, nacidos cun móbil intelixente na palma da man, e unha pantalla plana diante dos ollos, hai que transmitirlles as luces e sombras desta forma de vida tan nosa. 

As imaxes, ben empregadas, poden ser o medio perfecto para deixar entrever determinadas cuestións. É necesario DESacostumar a vista, revisionar o mundo con outro tipo de lentes que nos permitan ver, ver todo, velo de verdade. 

Re capitulando

Vamos facer unha compilación de algún dos materiais que empregamos cos rapaces da ESO neste 1º trimestre: 

- Aquí vos deixamos os exames de 2º da ESO para os libros de Ciencias Sociais e Ciencias Naturais da editorial Anaya. Están elaborados segundo as esixencias e pautas dos profesores no colexio. 

Outras das ferramentas que empregamos foron:
- Para Francés: Actividades de reforzo
- Para Matemáticas: Cadernos de repaso 
- Para Lengua: Gramática en Esquemas
- Para Lingua: Algúns exercicios

e a páxina https://nomenterodelapataca.wordpress.com/ que ten unha morea de recursos que merece a pena revisar.


¡Última semana! 

¡Abertos sempre ás novas oportunidades!





martes, 9 de diciembre de 2014

Taller (es) de escritura

Outro ano máis nos enfrontamos ás vacacións de Nadal, tentando aportar algunhas ideas para poder aproveitar o tempo neste periodo. 

Hai que deixar claro que os rapaces necesitan os seus tempos de descanso, de lecer, de deitarse un pouco máis tarde do habitual, de non ter que madrugar, de desfrutar cos amigos e a familia, de xogar, etc. 

Algunhas das familias coas que traballamos pediron que no Nadal, non pararamos as clases, xa que "son moitos días" e "poden perder o ritmo". Pareceunos boa idea, pero modificando a rutina habitual das sesións.

Ademais de reducir o número de horas á semana (xa que como dixemos antes os alumnos necesitan descansar de todo o que supón o día a día escolar), pensamos en incluír novos conceptos, xa que volver a recorrer ós libros de texto, ós temas e exames, ás avaliacións e correccións nos parecía que se afastaba bastante do noso concepto de vacacións. 

Vamos realizar un pequeno taller (unha, dúas sesións) para desenvolver habilidades de escritura. Observando os nosos alumnos caímos na conta de que a maioría dos rapaces teñen bastantes dificultades á hora de expresarse, de escribir unha historia, de desenvolver un tema, etc. Cremos que desenvolvendo este tipo de habilidades poderán mellorar os seus resultados á hora de solventar ós exercicios/ exames correspondentes a o seu curso; Reducirán o seu nivel de estrés e frustración; Desenvolverán actitudes creativas; e por que non, tamén se divertirán ó poder crear a partir dunhas directrices, historias cómicas, fantásticas, inesperadas, etc. 

Aquí vos deixamos algunhas webs de onde recollemos información e exemplos para planificar o noso taller de escritura creativa.





E por certo,.. non hai mellor cousa para estimular o desexo de escribir, que desenvolver o placer por ler. E deso sabe moito Liniers. 

http://autoliniers.blogspot.com.es/2010/07/liniers-macanudo-el-humor-de-macanudo_28.html

http://weheartit.com/thaiste/collections/497967-cartoon

http://unviejogatoazul.blogspot.com.es/2012/05/liniers-seudonimo-de-ricardo-siri.html