lunes, 6 de abril de 2015

despois duns días descansando, toca enfrontarse á recta final, último trimestre con moitas expectativas, moitas ganas e dispostos a sacalo adiante.

gústannos os luns,

que lle vamos facer!

lunes, 2 de febrero de 2015

C. Naturais

Por outra banda, tamén estivemos traballando co libro de texto de ciencias naturais dos alumnos de 2º ESO da editorial SM.

Por aquí deixamos un cadro que elaboramos para realizar cadeas tróficas

O exame dos temas 6 - 7 - 8

E un material complementario acerca dos conceptos de  adaptacións animais, das relacións simbióticas e especie invasora. 


Lengua Castellana

Esta semana estivemos elaborando materiais para alumnos de 1º da ESO, neste caso para a materia de Lengua Castellana, aquí os deixamos

Resumo elaborado para traballar os temas cinco e seis de Lengua Castellana para rapaces de 1º ESO (Para o libro da editorial Anaya)

E Aquí o exame.



Ademáis, atopamos este Material moi útil xa que os exercicios e actividades se corresponden coas unidades e temas nas que se divide o libro de texto.

Tamén empregamos este outro, do que aprobeitamos algún exercicio. 





o noso horario

Todo vai vento en popa, e estamos moi contentas de poder estar realizando o noso traballo ofrecendo clases particulares, apoio e tutorización individual e a domicilio. O problema é que xa case non temos horas para atender as necesidades de todas as familias que están demandando os nosos servizos. 

Para máis comodidade aquí adxuntamos un horario especificando as horas que nos quedan libres (en verde) para este segundo trimestre. ¿Axústanse ó que necesitades? Non dubidedes en chamarnos.

¡ Moitas grazas por confiar en nós !


miércoles, 14 de enero de 2015

Platón vs Matrix

¿Cómo explicar o mito da caverna de Platón?

Aquí tedes unha idea xenial, 

E vos, qué elixides? 

A pastilla azul ou a vermella? 


http://www.therpf.com/f9/where-can-i-find-matrix-pill-blue-84203/


N  ó  s      t  e  m  o  l  o      c  l  a  r  o